García Pose cre que o prezo do metro cadrado no futuro polígono roldará os 30 euros

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORISTANCO

BASILIO BELLO

O alcalde de Coristanco abordou esta e outras cuestións durante o seu paso polo espazo «Cita co Concello», de Radio Voz

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Doutro lado, o alcalde de Coristanco, tal e como avanzou recentemente na súa intervención no Cita co Concello de Radio Voz Bergantiños, mostrouse optimista sobre a posibilidade de que o ansiado polígono da Miñata sexa unha realidade este mandato. Segundo avanzou, a área industrial sería promovida por Xestur, e non polo Concello como se fixou nas bases iniciais sendo alcalde Antonio Pensado Plágaro.

Considera que é o momento ideal para acometer os 175.000 metros cadrados brutos (case 97.000 netos) na Miñata, «aproveitando a futura circunvalación de Carballo e os accesos próximos da autovía». En canto a custos, e segundo a política actual de subvencións de Xestur, «o prezo medio da parcela podería quedar nunhas cifras moi competitivas, en torno aos 30 euros o metro cadrado, xa que, segundo os técnicos, non habería que facer moito esforzo inversor na súa construción».