Empezan as actividades do Programa de Envellecemento Activo de Corcubión

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CORCUBIÓN

MARTINA MISER

A primeiras en arrincar serán as de ioga e estimulación cognitiva

11 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A concellaría de Servizos Sociais, Educación, Familia, Muller e Igualdade de Corcubión pon en marcha unha nova edición do seu Programa de Envellecemento Activo. Así, as clases deste 2019 empezarán agora en xaneiro e as primeiras son as de ioga e terapia de estimulación cognitiva. As propostas están destinada a maiores de 55 anos residentes no municipio. O ioga arrincará o día 15 e será todos os martes e xoves, de 17.00 a 18.00, ata o 30 de maio. A terapia de estimulación cognitiva botará a andar o día 23 e continuará ata o 26 de xuño todos os mércores, de 17.00 a 18.30. Estará dirixida por un psicólogo e ten como fins a detección precoz e a prevención de enfermidades neurodegenerativas como a demencia ou o alzhéimer; ademais da prevención do illamento social, o baixo estado de ánimo e autoestima... Os interesados poden dirixirse ao Concello ou chamar ao 981 745 400.