O Bloque ve os orzamentos da Xunta ao servizo dos intereses electorais do PP

La Voz CEE / LA VOZ

CORCUBIÓN

O responsable comarcal, Serxio Domínguez, os califió onte de «xogo sucio»

24 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O responsable comarcal do BNG, Serxio Domínguez, cualificou onte de «xogo sucio» os orzamentos da Xunta para a Costa da Morte. Cre que teñen un propósito claro «asfixiar aos gobernos locais da Costa da Morte, para poder así construír un discurso político ao redor de supostas malas xestións e falta de capacidade, e redirixir os investimentos en función dos intereses tácticos electorais do PP».

Destaca que os investimentos reais na comarca son inexistentes «agás a continuidade, a pingas, do investimento para a ‘autovía’ da Costa da Morte, cun millón de euros».

Por iso os nacionalistas reclaman que os orzamentos recollan medidas concretas e ben detalladas, que sirva para reparar «a débeda histórica da carencia de investimentos das administracións nesta comarca». Piden tamén partidas nominativas para os centros educativos e os de saúde, infraestruturas, programas de emprego, cultura, conservación do patrimonio ou dinamización turística. Entre os asuntos concretos expoñen a variante de Brens, o heliporto de Ruibo, a base contra a contaminación, o saneamento da ría de Corcubión, acabar o de Camariñas, o centro de saúde de Fisterra, un novo en Cee, os plans dos cabos Fisterra e Touriñán, melloras no hospital, abrir o centro de día de Corcubión, un plan para pemes e o parque natural para o Monte do Pindo.