O cercedense Darío Calviño, segundo na categoría 5 do Rali Rías Altas Histórico

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

Darío, en una competición anterior
Darío, nunha competición anterior CEDIDA

Foi a primeira proba do Campionato de España de Velocidade na categoría de vehículos históricos

21 sep 2021 . Actualizado ás 11:08 h.

O cercedense Darío Calviño finalizou segundo na categoría 5 do Rali Rías Altas Histórico celebrado o pasado sábado. Foi a primeira proba do Campionato de España de Velocidade na categoría de vehículos históricos, e nela participaron tres equipos da escuadra Yacar Racing. Darío, copilotado por Francisco García, experimentou notables melloras no Ford Escort RS2000 MKI, no que correu por primeira vez nun rali. De feito, marcou varios mellores tempos. Todo isto, a pesar de problemas puntuais debido ao mal tempo.