Breve historia en cifras

La Voz

CERCEDA

06 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Todo empezou fai máis de 20 millóns de anos, período no que o que agora é Cerceda ocupábao unha lagoa salgada, que se solidificó e naceu dela o lignito. Moito tempo despois, en 1980, empezou a extraerse para alimentar a central térmica, sen cesar ata o 2008. Desas entrañas saíron 94 millóns de toneladas de carbón, quedando un enorme oco de 200 metros de altura na súa parte central. E aí volveuse a meter auga, que de momento non se vai a solidificar, senón a nutrir o sistema de abastecemento de Cecebre (aínda falta), e sen dúbida ofrecer zonas de lecer impensables non fai tanto en Cerceda, onde tamén parecía imposible un parque acuático xa se sabe que ocorreu. Este será outro, pero diferente. Non só pola auga, senón por toda a contorna, onde se plantaron centos de miles de árbores, xa moi vistosos, nacendo unha fraga que pouco ten que envexar á máis animada de Cecebre, que tamén está ao lado dunha gran masa de auga. O lago impresiona: pouco máis de dous quilómetros de longo, case un de ancho, 150 hectómetros cúbicos, unha beira de 400 metros de praia, fervenzas laterais e azul e verde por todo.