Rosa Cedrón, en Cerceda para a presentación dun documental sobre industria

La Voz

CERCEDA

BASILIO BELLO

O acto será este venres no auditorio municipal, a partir das 20.30 horas

19 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Cerceda acollerá este venres, 22 de novembro, a estrea do documental Cerceda, terra de emprendemento, que vira ao redor da industria e a actividade económica do municipio. Nel reflíctense o traballo e a riqueza que nestes momentos xeran quince empresas sitas no Concello cercedense. A presentación da peza audiovisual, que levará a cabo no auditorio municipal a partir das 20.30 horas, será precedida por un coloquio no que intervirán o alcalde, José García; a xornalista Nuria Grela e Ignacio Seijo, director de , Xurdira produtora encargada de elaborar o documental. Nel porase en valor o traballo realizado polos empresarios, «necesario para o desenvolvemento do municipio», segundo explican desde o executivo cercedense. O acto será clausurado por unha actuación musical da gran Rosa Cedrón. O acto, completamente gratuíto, será de acceso libre ata completar capacidade: celebrarase no auditorio municipal, este venres, a partir das 20.30 horas.