Mellora das feridas o carballés que sufriu un grave accidente en Cerceda

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

O sinistro produciuse na vía que enlaza A Silva con Santa Comba

03 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O carballés M. A. P., de 38 anos de idade, continúa ingresado no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña, aínda que o seu estado de saúde mellorou e xa se atopa en planta. Cabe lembrar que o luns tivo un grave accidente de tráfico cando, sobre as 7.30 horas, o seu vehículo sufriu unha saída de vía e envorcou despois de impactar contra un muro dunha casa e un farol da iluminación pública. Tivo que ser excarcerado polos bombeiros de Ordes. O contratempo produciuse no viario que une A Silva con Santa Comba, no lugar de Abeleira.