Manuel e Jesusa, cincuenta anos de matrimonio

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

¡INCLÚE ÁLBUM! Veciños da Silva, celebraron este domingo as súas vodas de ouro na Taberna de Montemaior

18 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Non puido ser máis exacta a data. Un día 15 casaron no seu momento e un día 15 volvéronse casar» agora: Manuel Rey Pallas e Jesusa Pena, naturais da Silva, en Cerceda, celebraron este pasado domingo as súas vodas de ouro na Taberna de Montemaior, A Laracha. Nada menos que cincuenta anos de matrimonio conmemorados nunha xornada que lles deparou moitas sorpresas. Algo máis de 60 persoas tomaron parte no encontro, entre elas os seus catro fillos -uno, chegado a propósito desde Londres- e os seus catro netos, sendo estes últimos os encargados de «oficiar» a cerimonia. «Levaban non sei canto tempo traballando. Non esperabamos nada diso», comentaba onte Manuel, admitindo que quedaron máis que contentos de como transcorreu a velada de festa.