Augas atopa graves deficiencias en 12 das 15 depuradoras da zona

Cristina Viu / j. v. l. CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

ANA GARCIA

Augas contaminadas | Só as EDAR de Carballo, Camelle e Cerceda teñen un adecuado funcionamento

08 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Millóns de euros gastáronse nos últimos anos na construción, ampliación e reparación de depuradoras de augas residuais na Costa da Morte, pero o resultado non foi o agardado. Segundo un informe de Augas de Galicia, só teñen un funcionamento adecuado tres das quince xestionadas polos concellos. Unha das que aproba é precisamente a de Camelle, cuxa praia está pechada ao baño por Sanidade porque as súas augas teñen demasiados restos fecais para que resulten seguras. A outra é a de Cerceda, que é recente e só trata as augas do polígono. A de Carballo é a maior.

En boa parte dos casos, os fallos son de explotación, pero tamén os hai que teñen que ver coa propia instalación, aínda que os principais problemas teñen que ver co feito de que se manteñan moitos tramos de canalización para augas sucias e pluviais, o que fai que os maiores fallos coincidan con tempadas de choiva.

Un dos casos máis rechamantes é o da instalación de Muxía, da que din que ten un funcionamento «moi deficiente» y en la que se juntan «problemas de deseño con problemas de explotación». Segundo Augas de Galicia, non hai autorización de vertedura nin estudo algún sobre os límites para non danar o medio ambiente. A instalación, ademais, «non permite garantir a eliminación da materia orgánica soluble», din.

Corme

Pero houbo casos mesmo peores. A depuradora de Corme é do 2014, pero apenas chegou a funcionar un ano antes que quedase parada outros dous porque a porcallada se quedou atrancada no tanque de tormentas e non chegaba auga á instalación da estrada do Roncudo. Un dos problemas que mantén é que traballa por amais das súas posibilidades en épocas de choiva, pero o máis curioso é que a súa principal limitación é o seu sistema de depuración, de tipo biolóxico. Segundo Augas de Galicia, a carga de sólidos que chegan é superior aos valores máximos de referencia. Ademais, os autores sinalan que «lestes condicionantes, sumados a unha explotación e mantemento deficientes, ocasionan que se produzan incumprimentos nos límites de vertido de agua tratada».

Esas faltas na xestión das instalacións son sumamente frecuentes. Desde o explotador que decide apagar o sistema de desinfección, como no caso de Cabana, ata o que pola súa actuación «deficiente» provoca que haxa «un elevado índice de avarías e en incumprimentos dos parámetros de vertidou», como é o caso de Cerceda.

Noutros casos, o problema é concreto, como na EDAR de Baldaio, onde hai demasiado nitróxeno na auga sucia e no inverno non pode levar a cabo o tratamento polas baixas temperaturas. Tampouco hai sistema de dosaxe química para a eliminación do fósforo.

A ampliación da Laracha arrincou con deficiencias

En decembro do ano pasado inaugurouse a ampliación da depuradora da Laracha, un proxecto duns dous millóns de euros. En canto púxose en marcha comezaron os problemas.

Así que comezaron as choivas Augas de Galicia detectou alivios frecuentes na arqueta de entrada. O que ía directamente ao río era auga sucia, sen sequera o pretratamiento, a pesar de que existía un sistema para facerlle unha primeira limpeza.

Tamén apareceron fallos no tamiz, probablemente do fabricante, ademais de desbordamentos nas balsas biolóxicas que remataban parando os rotores, polo que en decembro do pasado ano houbo que cegar un alivio ao río. Así mesmo notouse insuficiente capacidade de bombeo e un dos aparellos queimouse porque había demasiado lixo flotando.

Malpica

Tamén é nova a planta de Malpica, pero notouse que chegan augas industriais. O sistema de desinfección non funciona por unha avaría eléctrica.