Antonio Leira asume a área de Deportes provincial tras a renuncia de Liñares

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

Destacou o importante papel da Deputación na promoción do deporte

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O deputado provincial socialista Antonio Leira Piñeiro é, desde onte, o novo responsable da xestión das áreas de Deportes e Mocidade da Deputación provincia. Faino tras a renuncia ao escano provincial de José García Liñares, alcalde de Cerceda. Leira destacou o importante papel da institución na promoción do deporte.