Máis de 700.000 euros para Cerceda en plans de eficiencia enerxética

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

BASILIO BELLO

O cambio de iluminación pública en varios puntos do Concello, así como no Museo do Moucho ou a biblioteca municipal son os proxectos nos que se empregarán os fondos

18 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello recibiu do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) máis de 700.000 euros para o desenvolvemento de plans locais. O alcalde, José García Liñares, debullou a repartición das axudas: «A primeira é de 560.000 euros e dedicarase ao cambio de alumeado público en Rodís, Queixas e Xesteda. A segunda, de 109.069 euros, para a rehabilitación e mellora do alumeado no Museo do Moucho. E a terceira, de 48.685 euros, para a biblioteca municipal».