HAI 13 ANOS | A neve visitou A Silva e zonas interiores de Cerceda

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

ANA GARCIA

O frío destes días é moi comentado, pero xusto un día como hoxe, no 2003, ata nevaba

09 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O frío, por inusual, apoderouse da actualidade nas últimas horas. Con todo, as referencias históricas axudan a entender que, en definitiva, leste é o mes de xaneiro: xustamente un día como hoxe, no ano 2003, a neve facía acto de presenza no municipio de Cerceda, obrigando a intervir a unha pa escavadora.