Continúa o baile de nomes para a confección dos persoais

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CERCEDA

Os equipos de fútbol da Costa da Morte refórzanse

16 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Continúa o baile de fichaxes e saídas para confeccionar os persoais con vistas á próxima tempada. Estes son os movementos máis destacados da xornada de onte.

Bergantiños. Marcos Caridade Rodríguez converteuse no terceiro reforzo para Miguel Figueira. Procede do Boiro e destaca polo seu bo manexo de balón desde a defensa. Con anterioridade xogou no Cerceda, Fabril e Recreativo de Huelva B

Paiosaco. Juan Riveiro Rodríguez continuará unha tempada máis (e van catro) á fronte do banco verdibranco. De feito, traballa nas altas e baixas. Prevé a saída de sete xogadores para afrontar con garantías esta nova fronte que é a Terceira división.

Baio. Pablo Torreira Corral chega ao banco branquiazul. Procede do equipo xuvenil do Ural, cargo que compaxinaba co de segundo adestrador do San tirso.

Baíñas. Javier Sanchiño (Baíñas, 1980) é o novo segundo adestrador. Regresa a cásaa catro anos despois.