O Unión Club Cee aposta por unha canteira feminina: nace UC Cee Promesas

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

É unha oportunidade para que nenas nadas entre 2010 e 2015 empecen a formarse no fútbol

02 ago 2021 . Actualizado ás 20:23 h.

Tras a creación dun equipo sénior na tempada 2019/2020, o Unión Club Cee segue apostando polo fútbol feminino co nacemento do UC Cee Promesas, unha oportunidade para que nenas nadas entre 2010 e 2015 empecen a formarse neste deporte e, quen sabe, facer canteira para integrar nun futuro ese equipo sénior. Un conxunto ao que non lle foi nada mal este ano, pois se alzaron vitoriosas de liga na segunda Galicia (Grupo C).