Boa resposta ao concurso da Fundación Fernando Blanco de Cee

La Voz

CEE

JOSE MANUEL CASAL

Dúas obras literarias e a reprodución dunha acuarela do instituto son os premios que se repartirán nesta ocasión

27 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Fundación Fernando Blanco de Cee ten en marcha desde hai uns días, na súa rede social Facebook, o primeiro de varios concursos que, con carácter divulgativo, tratan de estimular o saber e a atención sobre certas cuestións ligadas á entidade. Este primeiro certame vai sobre salarios, e os interesados en participar teñen ata o 6 de febreiro para responder á pregunta formulada, coas condicións que a Fundación indica. Dúas obras literarias e a reprodución dunha acuarela do instituto son os premios que se repartirán nesta ocasión.