«A illa das mentiras» chega a Cee e Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

A película, dirixida por Paula Cons, ten entre os seus protagonistas a unha ceense, Ana Oca, no papel de Cipriana

29 sep 2020 . Actualizado ás 22:45 h.

Venres • Este próximo venres, 2 de outubro, estrearase en cines de Galicia a película A illa das mentiras, ópera prima da directora Paula Cons que logrou moi boa crítica ata o momento. Ademais da as principais cidades, o filme chegará así mesmo ás salas de Carballo e Cee, esta última localidade especial, a recado, en tanto que de alí é Ana Oca, unha das protagonistas, no papel de Cipriana. Ao seu lado, Nerea Barros interpreta a María e Victoria Teijeiro, a Josefa, tres mulleres que, tras o afundimento do buque Santa Isabel fronte á illa de Sálvora, en 1921, deciden ir ao rescate dos seus tripulantes, logrando salvar a 48 persoas, «un acto heroico que pagarán ben caro». A illa das mentiras está, pois, inspirada en feitos reais. Completan o elenco Dario Grandinetti, Aitor Lúa ou Milo Taboada.