O Concello de Cee iniciou as camiñadas cos mozos

M. R. CARBALLO / LA VOZ

CEE

CEDIDA

O programa de turismo activo é un éxito coas prazas todas cubertas

07 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

En Cee iniciouse onte o programa de turismo activo e natureza polo que o Concello optou este ano para entreter e formar aos mozos de 7 a 14 anos ao considerar que é de menor risco de contaxio do coronavirus que outros porque as actividades se desenvolven ao aire libre e no medio natural. Arrincou coa primeira quenda, formada por 15 mozos, con camiñadas pola vila para coñecer os espazos existentes no municipio. Outras sesións estarán protagonizadas por quads e kaiaks.

Este programa que acaba de comezar xa supón un éxito para a institución organizadora xa que se cubriron as 60 prazas ofertadas para este mes. En todas as actividades se segue un protocolo exhaustivo anticovid para garantir a seguridade.