O tráxico final do ceense Gonzalo Rebordelo

Luis Lamela

CEE

CEDIDA POR LUIS LAMELA

Crónicas da emigración, por Luis Lamela

26 mares 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Emigrar é sinónimo de desarraigamento, o aspecto máis dramático do emigrante. Pero moitos o superaron ao atopar na terra de destino unha saída laboral ou profesional coa que puideron vivir; uns con apuros e outros máis ou menos desahogadamente. E, os menos, triunfando. E, así, puideron sobrevivir e formar familias e tiraron para adiante, construíndo unha gran historia alén do Atlántico. Con todo, foron tamén moitos os que por unha ou outra razón, ás veces, emocional, sufriron unha caída da que nunca máis se levantaron. Puido ser o caso do ceense Gonzalo Rebordelo Vázquez, un mozo da vila da Xunqueira que emigrou para Cuba no primeiro terzo do século XX. O 30 de agosto de 1928 suicidouse na localidade cubana de Santiago das Veigas cando tiña 25 anos, quedando como depositario dos seus bens e pertenzas un tal Julio Valdés.

Pola coincidencia de apelidos, é posible que Gonzalo fose irmán da encargada en xullo de 1936 da central telefónica de Cee, Juana Rebordelo Vázquez, a que testificou no consello de guerra contra os sindicalistas, acusándoos de que lle ameazaron e intentado botar a porta abaixo, e de que «oíu que esa noite querían asaltar o cuartel da Garda Civil, queimar a Igrexa e a casa de Don Argimiro Guillén, logrando convencerlles de que non o fixesen Domingo López».

En fin, que esta é unha breve reseña biográfica dun emigrante de Cee, dun expatriado maltratado polas circunstancias da diáspora, nunha caída que non foi capaz de superar e levantarse.