Faleceu Ramón Barreiro, que foi práctico do porto de Brens

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

GABRIEL RIVERA

O enterro é ás 15.45 horas en Cee

27 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Ramón Barreiro Regal faleceu onte aos 73 anos. O enterro será hoxe, con saída do tanatorio da Xunqueira (Grupo Bergantiños) de Cee ás 15.45 horas, con funeral na igrexa ceense, e posterior incineración.

Ramón Barreiro, que residiu na avenida Fernando Blanco de Cee, e desde hai anos en Toba, foi práctico do porto de Brens desde 1982, e tamén era empresario, ademais de directivo do Club Carrumeiro. Inicialmente o seu traballo dependía da Marina Mercante, e desde 1995, da Xunta.