Marcos Rodríguez, de novo no radar da World Cup de fotografía

La Voz

CEE

É un dos fotógrafos seleccionados pola federación para a construción da candidatura española

19 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Nada menos que 43 países e 700 imaxes competirán este ano por facerse un oco na final da World Photographic Cup, e a candidatura española incorpora este ano un nome familiar: o de Marcos Rodríguez, un vello coñecido desta competición e premiado fotógrafo afincado en Cee. España apostou este ano, aseguran desde a federación, por unha «fotografía reivindicativa, con mensaxe e con forte carga emocional, pero tamén impactante e creativa». Outros 14 fotógrafos foron seleccionados, xunto con Rodríguez, polo comité español, que terá que agardar ata xaneiro para coñecer aos finalistas definitivos (10 por categoría) e a marzo para a gala final na que se anunciará aos gañadores.