O PP presenta a Sánchez en Cee como unha ameaza para Ferroatlántica

La Voz CEE / LA VOZ

CEE

RAFA QUINTÁNS

O secretario xeral do PPdeG participou onte nun mitin en Cee

08 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, presentou onte en Cee, nun mitin co conselleiro de Industria Francisco Conde, as «políticas erradas e erráticas do Goberno Sánchez», como un «perigo para as industrias galegas como Ferroatlántica, Alcoa, as centrais térmicas ou os sectores naval, forestal e da automoción».

«Ningún alcalde socialista desta comarca será capaz de enfrontarse ao Executivo de Sánchez ante os desprezos que ten con Galicia como si fixo o presidente Feijoo. Por iso, é necesario que lle deamos un voto masivo ao Partido Popular», incidiu Tellado.

Para o número 2 dos conservadores «en Galicia, todo o que non sexa votar ao PP é votar ao PSOE, dado que os deputados do BNG, Podemos ou Errejón van querer facer presidente a Sánchez; e porque votar a VOX e a Ciudadanos, que non van sacar escano, só sirve para restarlle votos ao Partido Popular e que poidan gañar os socialistas».

O portavoz municipal do PP, Antonio Domínguez, iniciou en que eles a nivel local deron un «exemplo de responsabilidade» á hora de aprobar os orzamentos porque, de ser polos outros partidos, perdéronse 300.000 euros dunha subvención e varias obras.

«O único partido capaz de sacar a España de dúas grande crise foi o Partido Popular. O único partido para afrontar unha nova crise económica é o Partido Popular. E o máis importante, o único partido capaz de evitar unha crise económica é o Partido Popular. É Pablo Casado», exhortou a tamén concelleira Ceense Águeda Díaz Mejuto.