Un recordo para Pepa Fandiño desde o colexio Eugenio López

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

A promoción de 1978 reuniuse este pasado sábado, como fixeran no 2018 polo 40.º aniversario

23 jul 2019 . Actualizado ás 21:44 h.

Despois de reunirse o pasado ano, polo 40.ª aniversario, a promoción do 1978 do colexio Eugenio López de Cee volveu revalidar lazos este sábado, polos 41 anos. Dedicaron o encontro a Pepa Fandiño, compañeira falecida tan só dous meses despois da celebración do 2018. Se nada o impide, indican, volverán atoparse no 2020.