A corporación municipal de Cee elixe xuíz de guerra

Juan Ventura Lado Alvela
j. v. lado CEE / LA VOZ

CEE

Ana Garcia

«Sinto lástima deste pleno» dixo Serxio Domínguez antes de abandonar o salón con Margarita Lamela e o público asistente

24 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O pleno de Cee elixiu -ou máis ben o intentou- ao exconcelleiro non adscrito Modesto Rivas Romero como Xuíz de Paz. Con seis apoios, triplicou ao resto de aspirantes, pero, ante a ausencia por enfermidade de Juan Areas, non chegou aos sete, a maioría absoluta necesaria, co que, ao final, será o Trbunal Superior de Xustiza de Galicia o que decida. Xusto o que xa pasou fai catro anos, entón por consenso, e o que pedían Serxio Domínguez (BNG) e Margarita Lamela (PSOE), que foron especialmente duros, sobre todo co alcalde, Ramón Vigo, e co PP, e acabaron abandonando o salón de plenos, seguidos polo público asistente.

«A oposición evitou que este pleno perdese a dignidade», sinalou Lamela, mentres Domínguez, despois de afirmar que unha decisión así non se pode rexer nin por foise, espetando: «Sinto lástima deste pleno».

«A ver se aínda non imos poder decidir o que queremos», replicou a popular Mabel Fernández, cos dous edís, aos que Vigo acusou de facer teatro, xa nas escaleiras. Na imaxe, unha sesión anterior.