A carreira dos carafio

Juan Ventura Lado Alvela
J. V. Lado O OUTRO LADO

CEE

23 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A carreira por ver quen a di máis gorda nesta campaña está rifada, pero o ceense Víctor Somoza, leva velocidade de vertixe. Nada que ver cos carafio das granxas que propón para aliviar o paro. Carafio que vai ter difícil compartir nas comidas de alcaldes, se os veciños o elixen como tal. Os pobres, e por outra banda deliciosos, gasterópodos son do primeiro que lle vén á cabeza aos candidatos cando lles preguntas que non levarían nunca á boca. Cústalles máis dixerilos que o relato de que foi Somoza quen parou a segregación e o ERTE de Ferroatlántica, así como quen vén de gañar a guerra de Troia e ocórreselle acabar coa fame no mundo sen baixar do cabalo. Do cabalo ou dun polígono de bateas na ría de Corcubión, que é o propio para que os mercantes de Brens, ou os que se refuxian dos temporais poidan xogar ao buscaminas.

Xa postos, en lugar de mexillóns o propio sería sementalas de berberechos, porque así outro dos humoristas destacados desta campaña, o cabanés José Díaz e os «moi bos e grandes asesores» que, segundo el, acompáñanlle, poderían comelos sen problema e non como os das mariscadoras no Anllóns.

En fin, como diría un grande, pero ese de os de verdade, «teño medo a poñerme ben e non ter con quen falar».