Exposición de Xoanxo Cespón na galería Stoupa, Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

A mostra, resalta o propio autor, non está feita para entendela, senón para «sentila»: estará instalada ata o 6 de maio

17 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O artista de orixe ceense Xoanxo Cespón expón ata o 6 de maio na galería Stoupa unha colección de oito cadros e nove fotografas que toman como inspiración o mar da Costa da Morte.

Os cadros, de acrílico sobre cartón, pertencen a sériea Mares de Outono; mentres que as imaxes, da colección Terra-Auga, foron tomadas entre Fisterra e Muxía.

JORGE PARRI

A exposición, resalta o propio autor, non está feita para entendela, senón para «sentila»: para deixar que as súas cores e texturas invadan os sentidos e deixen voar a imaxinación ata sentir a auga salgada, o cheiro dos peixes e o son das ondas cando rompen contra as rocas.