A praza de arquitecto de Cee ten 41 aspirantes admitidos

La Voz CEE / LA VOZ

CEE

ALVELA

O rexedor atribúe este avultado número de candidatos á «crise» que atravesa a profesión

09 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Xa cando o Concello sacou a praza de xeito temporal, para unha duración de seis meses, produciuse unha avalancha de solicitudes, pero neste caso, que o que se ofrece é o posto fixo de arquitecto municipal como funcionario, presentáronse nada menos que 43 aspirantes. Dous deles entregaron a solicitude fóra de tempo, polo que agora serán 41 os que se enfronten ás probas selectivas o próximo día 23 a partir das 10.15 no Concello.

O alcalde, Ramón Vigo, atribúe este gran número de aspirantes á crise que vive a profesión, consecuencia da caída da construción, co que un posto público fixo convértese nunha opción apetitosa para estes profesionais con formación superior.