Querido Plácido, bótalle ovos

José M. Lema Sanjurjo

CEE

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Querido amigo Plácido: Na Voz de Galicia de hoxe, vin unha nota na que dicía que o partido que representas, Cidadáns, non confirmaba a túa candidatura como cabeza de lista nas próximas eleccións municipais. Fai 15 ó 20 días, ti nas mesmas páxinas expuñas que habías de ser

discreto e prudente e que a organización provincial non se pronunciou nese sentido. Sabes que desde moi novos fomos bos veciños e amigos e non entendo como aínda non evitaches a C's á vista da desconsideración para coa túa persoa.

A principios de xaneiro tiven algún coqueteo con VOX, cuxa finalidade era tamén a candidatura municipal. E o 4 de febreiro, á vista da incerteza que transmitía a súa actitude, mandei un correo a Madrid, que finalizaba dicindo: «Ante a referida conduta por parte desa organización, declino toda dispoñibilidade para designación algunha, salvo que sexa para relevar ao seu presidente provincial, don Pablo Cancio Roscado, ao que, estou convencido de superar notablemente, se non no intelectual, si no íntegro».

Hai pouco máis dun mes tamén fun abordado por algún mandado do teu partido, e interpretei que se proxectaba unha candidatura na que non se contaba contigo. Tomeime un tempo de observación, e ao palpar ambigüidade similar á que a ti dispensan, manifesteilles algo parecido a VOX; que non era tempo nin formas.

Plácido bótalle ovos e mándaos a ler algo sobre Sócrates.