Visita de alumnos do colexio Eugenio López ao consistorio de Cee

La Voz

CEE

Da man do alcalde, Ramón Vigo, puideron coñecer o traballo que se fai na Casa do Concello

18 ene 2019 . Actualizado ás 21:32 h.

Alumnos de terceiro do colexio Eugenio López de Cee visitaron o consistorio para coñecer cales son os labores que alí levan a cabo. Fixérono de mans do alcalde, Ramón Vigo, de edilas e funcionarios. Acompañados pola súa mestra, pasaron pola alcaldía e descubriron a bandeira da localidade. Despois, entraron aos restantes despachos. No salón de plenos, para rematar, tomaron parte nunha rolda de preguntas e puideron levar un exemplar dos relatos do concurso Achegamento ao libro da biblioteca municipal.