Outras propostas para esta xornada de luns na Costa da Morte

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

MARCOS MÍGUEZ

Empezan xa algúns dos programas do Nadal municipais da comarca: toma nota

10 dic 2018 . Actualizado ás 20:05 h.

A maiores da Semana Sen Fronteiras do Casino carballés e das visitas que poidan facerse ao belén laxense, hai outras citas na axenda deste día:

Actividades en Coristanco

O programa do Nadal coristanqués empezou o día 3 con actividades no Punto de Lecer Infantil (POI) da man de Julio Verne. Hoxe hai unha nova sesión, para quen se acheguen entre as 14.00 e as 20.00 horas.

Santa Eulalia en Brens

No municipio de Cee está a celebrarse Santa Eulalia en Brens. A festa -con orquestras- celebrouse este pasado sábado, pero hoxe seguen os oficios relixiosos, con misa ás 12.30 horas.

Taller do Nadal en Fisterra

En Fisterra arrincará esta tarde o programa do Nadal Cultural municipal. Para hoxe está previsto un taller de centros de mesa, o do grupo 1 (mañá, nova edición). Está destinado a maiores de 16 anos e os inscritos han de acudir ás 15.30 horas ao mercado municipal. Poden consultar se queda algunha praza no teléfono 981 740 001.

«Express-arte», en Cee

Unha das actividades programadas pola concellaría dá Muller e Igualdade de Corcubión con motivo do 25 de novembro, Día da Eliminación da Violencia Contra a Muller, foi unha exposición fotográfica, de título Express-arte. Está instalada ata o 17 de decembro, segundo o programa, no instituto Fernando Blanco ceense: «Mostra con perspectiva de diferentes realidades dende a arte, creada no marco do programa de inserción laboral para vítimas de violencia de xénero».