Un día moi completo para usuarios do centro social de Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

Visitaron Santiago, Caldas ou o parque natural de Barosa, acompañados por María José Toba e Pilar Iglesias

09 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Usuarios do centro social de Cee inauguraron decembro cunha visita á Cidade da Cultura e á exposición «A derradeira lección do mestre», de Castelao. Comeron en Caldas, visitaron a discoteca Lúa e tamén o parque natural de Barosa (imaxe). A excursión deu para moito e foron acompañados pola coordinadora do centro social, María José Toba, e a edila de Presidencia, Benestar Social, Igualdade e Benestar, Pilar Iglesias .