Arde unha furgoneta en Ameixenda, Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

As primeiras hipóteses apuntan a que o lume se orixinou dentro do tubo de escape

06 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha furgoneta sufriu un incendio sobre as 18.30 horas de onte cando circulaba pola AC-550, á altura da Ameixenda, Cee, a tres quilómetros do centro urbano ceense. Por sorte os seus dous ocupantes resultaron ilesos. As primeiras hipóteses apuntan a que o lume se orixinou dentro do tubo de escape.

Arde parte da carga dun camión entre Salgueiros e Codesos

Parte da carga dun camión ardeu cando o vehículo transitaba pola AC-552. Sucedeu sobre as nove da mañá de onte entre os límites de Salgueiros (Dumbría) e Codesos (Cee). O 112 alertou de que un camión con material estaba a arder á altura da empresa Madras Casais. Transportaba farois e caixas de cartón. Cando os bombeiros chegaron, o lume xa fora sufocado e limitáronse a controlar posibles puntos quentes e a limpar a calzada. Por sorte, non houbo que lamentar danos persoais.