A biblioteca Francisco Mayán de Cee súmase a «Libros para sermos libres»

La Voz

CEE

19 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

23 de abril • A biblioteca municipal Francisco Mayán de Cee sumarase o 23 de abril, Día do Libro, a outras trinta bibliotecas provinciais para participar na campaña «Libros para sermos libres», que organiza a Deputación. Consistirá na liberación (ou repartición gratuíta aos veciños) de libros, no terceiro piso da Casa dá Cultura, ás 18.30 horas. Poesía, prosa, arte, ensaio, teatro...