HEMEROTECA | Acto de memoria para Vázquez Queipo en Cee

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CEE

O 16 de abril do 2005 lembrouse a quen fora albacea de Fernando Blanco

16 abr 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Vázquez Queipo -Vicente María Vázquez Quiroga Queipo de Llano , en realidade- foi lembrado en Cee un día como hoxe, hai 13 anos. Nacido en Samos e falecido en Madrid, era neto de conde e herdeiro de familia de abolengo, así como político, xurista e científico. No entanto, ademais de todo iso, foi albacea de Fernando Blanco de Lema, de aí a vinculación con Cee. Aquel 16 de abril do 2005 presentouse un traballo en forma de audio e vídeo, encargado pola Xunta e realizado polo investigador e documentalista José Antonio Durán. Acompañárono na súa intervención pública o entón alcalde, Antonio Domínguez, e o director do Centro Superior e Bibliográfico de Galicia, Daniel Buján.