O carballés Ignacio Silva gaña o certame Manuel Murguía

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

CONCELLO DE ARTEIXO

Licenciado en Dereito e escritor, logrou o primeiro premio deste veterano concurso promovido polo Concello de Arteixo

24 may 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O avogado e escritor carballés Ignacio Silva Regueira (1978) vén de facerse co primeiro premio do 31.º certame de narracións breves Manuel Murguía, convocado polo Concello de Arteixo. Presentou Silva un texto titulado O rubor da dignidade, baixo o lema de Páxinas grávidas imposibles de pasar. Levará por el 4.000 euros, ademais da edición da obra.

No seu discurso, ao recoller o galardón, agradeceu Silva ao consistorio, á área de Cultura e aos seus traballadores, polo labor e por manter esta convocatoria durante máis de tres decenios. Aludiu a esta traxectoria e á talla dos autores premiados en anos anteriores, referecia das letras galegas: «Estar aquí é espectacular para min». Propostas que axudan a seguir tendo unha motivación. Agradeceu Silva tamén á suá familia, «e a Silvia, que sempre me dá o pulo para seguir». Silva xa ten o seu percorrido na literatura, e con editoriais do peso de Xerais, como é o caso da publicación titulada Cara B, xa no ano 2011.