Morre dun infarto no seu coche e ante a súa casa en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

SANDRA ALONSO

Os sanitarios non puideron facer nada por un septuaxenario que faleceu onte ao mediodía na rúa Otero Pedrayo

06 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Un home duns setenta anos faleceu ao mediodía de onte na rúa Otero Pedrayo de Carballo dun ataque ao corazón. Estaba sentado no seu coche, estacionado ante a porta da súa casa. Ao ver que se atopaba mal avisaron aos servizos de urxencia. Acudiron sanitarios do 061 e axentes da Policía Local. A pesar dos intentos non puideron salvarlle a vida.