A Xunta axuda con 42.000 euros ao festival teatral de Carballo, o FIOT

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

O Goberno autonómico publicou a resolución da convocatoria para festivais de artes escénicas e de música

03 ago 2021 . Actualizado ás 22:45 h.

A Xunta de Galicia publicou este martes a resolución da convocatoria de axudas a festivais de artes escénicas e de música, a través da cal distribúe un total de 540.000 euros entre 28 encontros. Nove mostras de teatro e danza levan 200.000, e chega unha parte para o FIOT de Carballo, cunha consignación de 42.119 euros.