Andrés Prieto Villar, triatleta da AD Fogar, ao europeo júnior

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Foi convocado pola Federación Española. A proba disputarase en Riga (Letonia)

02 ago 2021 . Actualizado ás 20:23 h.

O triatleta Andrés Prieto Villar (2003), da ADFogar , foi convocado pola Federación Española para participar o próximo 8 de agosto nunha das probas da Copa de Europa de Tríatlon, que se disputará en Riga (Letonia). Será na modalidade de sprint, nas distancias de 750 metros de natación, 20 quilómetros de ciclismo e 5 quilómetros de carreira a pé. O deportista da AD Fogar leva concentrado co combinado nacional júnior desde hai máis dunha semana. Na súa primeira proba internacional, en Olsztyn, acadou unha meritoria quinta praza.