San Cristovo non faltou á súa cita en Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Transportistas e condutores en xeral estiveron especialmente presentes na misa deste domingo

02 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Misa solemne e bendición de turismos houbo este domingo en Carballo por San Cristovo , tradicional celebración, aínda que obviamente marcada, un ano máis, pola pandemia. No oficio tívose moi presentes aos transportistas, vitais durante o confinamento, e a todos os condutores, para que, como incidiron desde a parroquia, sexan bos samaritanos no camiño. Unha mensaxe, xa que logo, de responsabilidade no tráfico e, tamén, de axuda a aquel que o necesite.