Previstos dous cortes de luz o martes en tres cales de Carballo
CARBALLO / LA VOZ
CARBALLO MUNICIPIO
afectarán á Avenida do Ambulatorio, á Praza de Vigo e á Rúa Vázquez de Parga, segundo avisou o Concello
01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.Este próximo martes, día 3, están previstos dous cortes de luz en tres cales de Carballo. O primeiro será ás 8 da mañá e, o segundo, entre as 14.00 e as 15.00 horas. Ambos terán unha duración aproximada de vinte minutos e afectarán á Avenida do Ambulatorio, á Praza de Vigo e á Rúa Vázquez de Parga. Hai programada unha actuación nun centro de transformación.