Contratacións, proxectos e licenzas centran a actividade do executivo de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

Pedra do Sal
Pedra do Sal BASILIO BELLO

O luns haberá Xunta de Goberno Local, con diversos puntos a tratar

01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá está prevista a reunión do goberno local de Carballo e a sesión centrarase en cuestións relacionadas con obras. Os edís abordarán a concesión de tres licencias para a ampliación de vivendas e edificios, nas parroquias de Sofán e Bértoa e na rúa Esquío. Tamén se autorizarán dous proxectos de construción de casas en Loenzo de Abaixo, ademais de expedientes de contratación para traballos de rehabilitación nas Eiroas e da rede de saneamento do núcleo da Pedra do Sal. Na sesión, ademais, adxudicaranse contratos administrativos de distintas obras como a ampliación do cemiterio municipal, a subministración dunha aplicación web para o servizo de axuda a domicilio e a reforma parcial dos almacéns municipais.