Cinco mil euros en premios no cuarto Aberto xadrez clásico do Concello de Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCÍA

Será no Mercado de Abastos do 1 ao 8 de setembro

31 jul 2021 . Actualizado ás 23:42 h.

Do 1 ao 8 de setembro celebrarase o cuarto Aberto xadrez clásico do Concello de Carballo e do club O Toque Xiria. Será no Mercado de Abastos e contará con 5.000 euros en premios. Os interesados, só federados, poden anotarse ata o 25 deste mes en xadrezcarballo\gmail.com ou no 617.234.393. O sistema de xogo será o suízo a nove roldas, con partidas de 90 minutos e 30 segundos.