Empezan as obras para instalar o ascensor no mercado carballés

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A entrada ao edificio desde a Praza do Concello estará pechada nas próximas semanas

26 jul 2021 . Actualizado ás 22:32 h.

O acceso ao Mercado Municipal carballés desde a Praza do Concello está pechado desde este luns, debido a que se acometerán as obras para instalar un ascensor, mellorando así a accesibilidade do edificio e a integración coas feiras. O prazo para estes traballos é de dous meses, e nese tempo a entrada e saída ao Mercado ha de facerse desde a rúa Gran Vía. Desenvolve Obras e Servizos, empresa que xa acometeu a primeira fase de reforma do mercado, é a encargada das obras. O Concello carballés ten unha subvención do Agader de 50.000 euros, repartida en dúas anualidades, para levar a cabo a reforma completa, que ascende a case 300.000 euros de orzamento. A instalación do ascensor financiarase con cargo ao remanente de tesourería do 2019.