Vieiro imparte educación afectivo-sexual a alumnos de Secundaria

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

A medida persegue que os rapaces dispoñan de todas as ferramentas para desenvolver unha vida afectiva responsable, satisfactoria e en igualdade

07 may 2021 . Actualizado ás 22:12 h.

A asociación Vieiro puxo en marcha o programa de educación afectivo-sexual «Quéreme ben» destinado a estudantes de terceiro e cuarto de ESO. A medida pretende proporcionar ferramentas que permitan ao alumnado adquirir capacidades para desenvolver unha vida afectiva responsable, satisfactoria e en igualdade. A iniciativa leva a cabo en formato taller e consta de catro sesións de 55 minutos de duración.