Carballo acondiciona camiños rurais e reurbaniza a Vila de Laxe

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

No caso da rúa, actuarase en toda a súa lonxitude, cunha solución de plataforma única que facilite a conexión entre as dúas prazas existentes en ambas as marxes

08 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Chorís formas parte do programa de obras que o Concello de Carballo ten en marcha para mellorar a accesibilidade nos diferentes barrios urbanos. Alí está en marcha un proxecto de reurbanización nas rúas Vila de Corcubión e Vila de Noia, así como na Vila de Laxe. No caso desta última, actuarase en toda a súa lonxitude, cunha solución de plataforma única que facilite a conexión entre as dúas prazas existentes en ambas as marxes. As obras incluíron tamén a renovación ou ampliación dos servizos urbanísticos, substituíndo, por exemplo, vellas canalizacións de fibrocemento. Na reurbanización destas rúas, que rodean a varias instalacións educativas, o executivo local inviste 250.000 euros.

Doutra banda, o Goberno tamén ten en marcha varias actuacións para mellorar 2.175 metros de camiños de uso agrícola e forestal. Para este fin destina 60.000 euros.