Alumnos do IES Parga Pondal coñeceron o Coworking Carballo

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

CONCELLO DE CARBALLO

Deste servizo faloulles o edil de Promoción Económica, Xosé Regueira. Tamén puideron coñecer o testemuño de dous coworkers

07 may 2021 . Actualizado ás 20:16 h.

Os rapaces de cuarto da ESO do IES Isidro Parga Pondal coñeceron o funcionamento do Coworking Carballo, así como os seus servizos e vantaxes, a través dunha charla impartida polo concelleiro de Promoción Económica de Carballo, Xosé Regueira. Na conferencia, encadrada nun ciclo máis amplo sobre iniciativa e emprendimiento empresarial, Regueira animou aos estudantes a contemplar o autoemprego como unha forma para desenvolver os seus propios proxectos. Tras a súa intervención, falaron dúas coworkers, Fran Pais e David Moa, que lles contaron en primeira persoa como foi a súa experiencia.