Outro camión atrancado no Ferradal, no municipio de Carballo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

Un camión atascado en O Ferradal
Un camión atrancado no Ferradal Ana Garcia

A falta dunha ligazón adecuada entre o polígono de Carballo e o sur de Galicia complica o tráfico pesado case a diario

20 oct 2020 . Actualizado ás 19:26 h.

Na mañá deste martes 20 de outubro volveu a pasar. Un tráiler de gran tonelaxe quedou atascado no Ferradal, en Carballo. Como ocorre con demasiada frecuencia a falta dunha ligazón adecuada entre o polígono de Carballo e o sur de Galicia complica a vida dos transportistas, dos veciños de Bértoa, dos empresarios e mesmo de centos de alumnos que conviven a diario con enormes camións que teñen que pasar pola zona de maior concentración educativa para enlazar o parque industrial con Santiago e as provincias de Santiago e Ourense e con Portugal. Pouco despois das nove da mañan o gran camión dábase case de bruzos cunha das vivendas do Ferradal e alí comezaban os problemas para o condutor, ao que por un fallo do GPS e por descoñecemento rematou nunha rúa sen saída. 

Os empresarios seguen agardando que a Xunta avance canto antes a construción da variante que evitará que estes problemas se sigan producindo. Para este ano hai orzamento da Xunta para iniciar o proxecto,