O mercado de abastos carballés recuperará o luns o seu horario habitual

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

ANA GARCIA

O horario do mercado será de 8.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00

20 jun 2020 . Actualizado ás 11:47 h.

O mercado de abastos de Carballo recuperará o luns, día 22, o seu horario habitual de mañá e tarde. Con todo, nesta volta á normalidade estará condicionada polos festivos dos días 24 e 25, que aínda que son festivo local a praza estará aberta pola mañá por ser xoves de mercado. Así, o horario do mercado será de 8.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00. Os sábados pechará ao mediodía, do mesmo xeito que os domingos de feira.

A pesar diso, mantéñense na praza de abastos as medidas de desinfección e distanciamento social que marcan as autoridades.