O Escola Lubiáns A pelexará de novo na OK bronce

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Hockey | Gañou ao Dominicos, o que lle garante a clasificación matemática para a liguiña de ascenso

19 ene 2020 . Actualizado ás 22:05 h.

A vitoria do sábado ante o Dominicos dálle ao Escola Lubiáns Á clasificación matemática para a OK bronce, a fase de ascenso á OK prata (segunda máxima categoría a nivel nacional) que disputan os mellores de Galicia, Asturias, País Vasco e Navarra. Cun contundente 6 a 1 impuxéronse os carballeses, que actualmente son segundos na táboa. O Escola Lubiáns B perdeu 0 a 8 ante o HC Raxoi.