Ana Crujeiras dará en Carballo unha charla sobre dieta atlántica e cancro

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO MUNICIPIO

PACO RODRÍGUEZ

A bióloga dirixe un grupo de investigación

08 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A dieta atlántica é a mellor opción para previr a obesidade e o cancro. Esa é a tese de Ana Belén Crujeiras, bióloga de Ribeira que dirixe o grupo de Investigación Epigenómica en Endocrinoloxía e Nutrición do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS). As persoas que queiran saber máis sobre alimentación e prevención do cancro non teñen máis que achegarse á charla que impartirá este mércores, 11 de decembro, ás 20.00 horas, ao edificio de Fórum Carballo. A entrada é libre ata completar capacidade.

A conferencia, que é de gran utilidade para a práctica vital ordinaria, é organizada por La Voz de Galicia e Vegalsa-Eroski coa colaboración da Fundación Dieta Atlántica e a Universidade de Santiago.