O sector da moda de Carballo sacódese o verán cun mercadillo

La Voz

CARBALLO MUNICIPIO

BASILIO BELLO

Arrinca hoxe (17.00 a 21.00 horas) e durará toda a fin de semana. Participan 22 comercios

20 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Apertura hoxe: 17.00 a 21.00 horas • Segunda planta do mercado • Xa pouco ou nada queda do verán, máis que un inusual bo tempo e os recordos das vacacións. Coa tempada de outono-inverno ao virar a esquina, o sector da moda carballés coordinou para esta fin de semana un mercadillo de oportunidades que tomará lugar na segunda planta do mercado municipal e que porá a disposición todo tipo de produtos a prezos case «simbólicos», tal e como dicían desde o Centro Comercial Aberto durante a presentación da cita, hai uns días.

Ata 22 establecementos adheríronse a esta iniciativa (moda infantil, de adulto, deportiva, calzado...), a segunda celebrada polo CCA, que terá tres días de duración comezando hoxe mesmo (17.00 a 21.00 horas) e prolongándose durante toda a fin de semana: o sábado, en horario completo (10.00 a 14.30 e 16.30 a 21.00); e o domingo, só pola mañá (10.00 a 15.00).

De forma paralela ás transaccións puramente comerciais, haberá tamén actividade paralela. Despois de que os empresarios tomasen partido nun taller de escaparatismo, cos resultados xa expostos no recibidor do mercado, o expositor Maker Store ofrecerá unha proposta relacionada coa robótica e haberá entretemento para os nenos.

Na primeira edición...